Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cospeito
Parroquia: Sistallo (San Xoán)
Lugar: Feira do Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular con corpos acaroadas aos laterais e sancristía na cabeceira. Tellado a dúas augas agás no presbiterio que vai a catro. Muros de cachotería de granito e lousa recebados e encalados en branco, pero rematada en perpiaño de granito nas esquinas. Na fachada ábrense dúas portas alinteladas rematadas por enriba lixeiramente arqueadas sobre as que se abren dúas ventás que acentúan a simetría. As esquinas das caída do tellado levan pináculos de bóla. O campanario ten tres corpo, actuando o primeiro como base cuadrangular e os outros dous con vans rematados en arco para as campás. O superior acaba en pináculo que recrea o estilo gótico. A última reforma foi do 1738 pero hai noticias da súa existencia no 1601. Levou a cabo a dirección da obra o arquitecto F. Lourenzo de Santa Rosa, confrade de Lourenzá.
Esta igrexa acolle á patroa da Terra Chá, e Feira do Monte a capital do concello de Cospeito, naceu ao redor desta igrexa, onde se celebraba dende tempos antigos unha importante feira, por ser este un lugar estratéxico da comarca. O Outeiro que ocupa ten vistas privilexiadas sobre a Lagoa de Cospeito, antes chamada do Couto


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COSPEITO/documents/0578CA001.pdf
(pax. 12 de 14)
Web
http://www.turismoterracha.es/novas/2011-08/feira-do-monte


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.23454187264337
Lonxitude: -7.558572292327881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84