
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Sobradelo (San Román)
Lugar: Sobradelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Construída en planta rectangular con boa sillería de granito e ben traballada nos remates
En detalles como o acabado da porta de entrada ou os pináculos que rematan as catro esquinas, emprégase o estilo barroco.
A porta de entrada alintelada ten ao seo redor unha moldura decorativa e enriba dela un relevo cunha figura. Sobre a figura, nicho carente de imaxe e de forma rectangular e oco, que dá paso a un frontón sen moita decoración, sobre o que se sitúa unha moldura decorada con volutas, tendo nos laterais pináculos con bólas.
Espadana con tres corpos, tendo o primeiro dous ocos con sendas campás, no segundo un só arco e pináculos nos laterais tendo de remate outro arco con cruz metálica na cima e pináculos laterais.
Nos muros laterais ten varias ventás rectangulares, tendo no lateral sur unha pequena porta de acceso.
A igrexa preside o que era unha aira, e está exenta, levantada sobre solo de rocha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca015.pdf (P.3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.18953018108088Lonxitude: -7.672340869903564
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




