
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: A Paradela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Atópase ao pé da estrada que une S. Xoán de Tabagón coas Eiras e levántase directamente sobre o chan, sen plataforma. Deste xeito, o nicho aparece aberto a ras do chan. Construído en granito e dunha soa peza, presenta unha fornela de medio punto coroada por unha cornixa curva. Remátase cun pináculo lobulado, típico da arquitectura portuguesa, que é rematado a súa vez por unha pequena cruz.
Como elemento moble, este peto posúe un pequeno retábulo que amosa a típica escena das almas do purgatorio. Se ben, inclúe algunhas variacións ou iconografía algo máis ampla, pois tamén representa a San Miguel portando unha balanza. Debaixo do santo represéntase o purgatorio no que aparecen un Papa flanqueado por un crego e un frade e baixo estes un bispo entre un home e unha muller.
Na actualidade este retábulo está na igrexa parroquial de San Xoán de Tabagón, a escasos metros do peto de ánimas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Como elemento moble, este peto posúe un pequeno retábulo que amosa a típica escena das almas do purgatorio. Se ben, inclúe algunhas variacións ou iconografía algo máis ampla, pois tamén representa a San Miguel portando unha balanza. Debaixo do santo represéntase o purgatorio no que aparecen un Papa flanqueado por un crego e un frade e baixo estes un bispo entre un home e unha muller.
Na actualidade este retábulo está na igrexa parroquial de San Xoán de Tabagón, a escasos metros do peto de ánimas.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.92590120655814Lonxitude: -8.803117275238037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2015
O peto de ánimas do Pomar no PXOM do concello de O Rosal:
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_101 – Páxina 306)