
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: Camiño da Cal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Nun pequeno xardín cercado ao pé do camiño da Cal levántase este cruceiro. Presenta unha plataforma de dous chanzos sobre a que se dispón a base en forma de pirámide truncada. Dela arranca o fuste cilíndrico con dobres estrías e que sostén o capitel cuadrangular decorado a base de anxos e flores en cada cara. A cruz, de paus cadrados, aparece moi ornada e presenta a Cristo crucificado e no reverso á Virxe das Angustias.
Nas basa aparecen diferentes epígrafes alusivos á súa construcción cunha primeira data de 1680 e outra facendo referencia á reedificación no ano 1849.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a veciña que vive a carón del, antigamente a xente da parrroquia que emigraba sobretodo ao Brasil, acendía un farol que penduraba dun elemento metálico que aínda se conserva na parte superior do varal. Este farol non se apagaba ata que a familia recibise novas do emigrado.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTÍNEZ TAMUXE, X. “Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño I”. O Rosal, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.92863909615346Lonxitude: -8.798353672027588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 10, 2016
Este cruceiro atópase catalogado no PXOM do Rosal (http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_096 – Páxina 301).
Na foto que adxunto podemos ver a inscrición da base. Nela se pode ler o seguinte:
“ESTE CRUCERO MANDO HACER EL LICENCIADO MIGUEL GONZALEZ.
PRESTIMO POR LAS ÁNIMAS AÑO 1680.
REDIFICOSE A DEVOCIÓN DE LOS BECINOS 1849”.
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html