Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Xardíns de Troncoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

O actual monumento a Sócrates de Tui é unha copia realizada polo escultor Rosendo González Martínez do desaparecido monumento de Benito Prieto Coussent levantado en 1936. Naquel ano, Prieto Coussent era profesor de debuxo e modelado no instituto de bacharelato de Tui, no que inspirado nas novas propostas educativas da II República, daba renda solta ás súas aptitudes pedagóxicas centradas, entre outros valores, precisamente no método socrático.

Coa axuda de varios alumnos cicelou e levantou un monumento ao filósofo ateniense, polo que sentía grande admiración. A inauguración tivo lugar o 3 de maio de 1936 nun acto moi concurrido na alameda de San Domingos. Sen embargo a vida do busto foi efémera, xa que aos poucos meses estala a guerra civil, e cando cae a cidade de Tui baixo as tropas franquistas (26 de xullo de 1936) un grupo de falanxistas decapitou e untou de alquitrán a escultura para posteriormente rematar lanzándoa ás augas do río Miño.

A actual escultura foi inaugurada o 26 de xuño de 2010, realizada en granito e cun peso total de 5.000 kg. Consta dunha base cuadrangular de dous metros e medio de altura na que aparecen gravados algúns pensamentos socráticos, e sobre a que se erixe o busto do filósofo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.prieto-coussent.com/archivos/biografia.html
http://www.galiciasuroeste.info/varios/coussent.htm
http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/node/537
http://ferruxo.blogspot.com.es/2009/09/socrates-y-tui.html
http://elpais.com/diario/2010/03/24/galicia/1269429502_850215.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/04/11/tui-repondra-busto-socrates-desaparecido-inicio-guerra-civil/428075.html
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17152
http://elpais.com/diario/2010/06/27/galicia/1277633890_850215.html
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/03/23/0003_8373370.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.04989214506997
Lonxitude: -8.641648292541504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84