Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Forcarei
Parroquia: Aciveiro
Lugar: Andón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Antiga ponte medieval construída no século XV que atravesa o río Lérez perto do lugar de Andón. Ten un arco lixeiramente apuntado, duns 8 metros de luz, e a súa calzada conserva parte do enlosado que formaba o firme. A obra é atribuída a San Gonzalo das Penas, cando era abade do mosteiro de Santa María de Aciveiro.
Forma parte da ruta P-GR 113 das Pontes do Lérez no concello de Forcarei.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Antonio Rodríguez Fraiz. As Pontes do Lérez. Xunta de Galicia 1987
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=181695
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.62484145583216Lonxitude: -8.30838918685913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 1, 2024
Segundo recolle o libro sinalado na bibliografía desta ficha, esta ponte ten a particularidade:
“que nela quítase o “Aire de Culebra, Culebrón, Lagarto e Arañón” e toda clase de pezoñas. Con un ramiño de anís bendícese con auga do río á persoa doente nove días, denantes do nacimento do Sol ou despois de poñerse, namentras se di:
-Todos cantos pasan
a Ponte de Andón
preguntan que se lle fai
o mal de culebra-culebrón (lagarto e arañón)
Bendecilo e azóutalo
con tres ramiños de fionllo;
para que non creza, nin aviveza,
nin faga cousa que se lle pareza.
Pola gracia de Deus e da Virxe María
un Padre Nuestro e un Ave María”.