
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sarria
Parroquia: Calvor (Santo Estevo)
Lugar: Calvor
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa actual debe o seu aspecto a unha restauración levada a cabo hai pouco máis dun século. É de planta rectangular con cuberta en lousa a dúas augas. Construída en cachotaría e ladrillo e revocada e pintada de cor branca, agás nos esquinais, os vans e o arco de medio punto da porta de acceso que son de cadeirado. A porta principal sitúase aos pés do templo, aos seus lados ábrense dous vans rectangulares e sobre a porta un óculo. Espadana de dous vans. No interior salienta unha imaxe da Virxe co Neno situada no altar maior de factura barroca.
A igrexa formou parte dun primitivo mosteiro posto baixo a advocación de San Paulo e Santo Estevo, fundado no ano 785. O arcipreste Theodonando púxoo baixo a tutela de Samos no ano 902.
Ao seu carón discorre o Camiño Francés a Santiago de Compostela.
Do primitivo mosteiro consérvase un capitel visigótico dentro da igrexa e que serve de base a unha pía de auga bendita; outro capitel foi levado para a igrexa de Seteventos.
Igrexa e cemiterio asentan sobre un primitivo castro que na documentación medieval cítase como “Castro Astorica in Villa Calvaria”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
YZQUIERDO PERRÍN, Ramón: “La arquitectura románica en Sarria”
ENLACES WEB:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.sarria.es/pdf/pxom/textos/SR_AI3_CATALOGO.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.77290794120962Lonxitude: -7.352149486541748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84