Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Trazo
Parroquia: Xavestre (San Cristovo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase nun outeiro a 300 metros de altitude e de rexas pendentes pola cara norte e leste que son as que dan cara ao Rego do Pazo, afluente do río Tambre. Está a 1,9 Km. en liña recta do castro de Merelle, en dirección
sur-suroeste. A zona do castro está con bastante maleza e forma un bosque con abundantes carballos e xestas. Componse dunha coroa de forma ovalada e protexida por un parapeto que o rodea. As súas medidas aproximadas son 150 m., leste-oeste e 75 m. norte-sur. Nos mapas de pendente parece que se aprecia un parapeto, despois do da coroa, pola zona norte e outro que a corta pola metade de norte a sur. Moi preto está a igrexa parroquial de San Cristovo de Xavestre que aínda conserva elementos románicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/0383CA006.pdf
(pax. 13 de 18)
Pendentes Lidar
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0701.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9950899803
Lonxitude: -8.56373548508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84