Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: A Estrada
Parroquia: Olives (Santa María)
Lugar: Brañas de Xestoso
Outra denominación do ben: Lagoa Sacra de Xestoso
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Lagoa Sacra de Olives está situada nos límites dos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda, entre os 650 e 700 metros de altitude, e 1,3 hectáreas de superficie. Forma parte das “Brañas de Xestoso”, espazo protexido dentro da Rede Natura 2000, Zona de Especial Protección (ZEPVN) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) onde se atopan as mellores turbeiras de Galicia.
A lagoa formaríase ao estar situada nunha pequena depresión onde acumula auga. Contan que nunca secaba, pero hoxe en día no verán está completamente seca.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Da conta  nosa cultura popular dunha antiga lenda que refire a unha batalla con moitos mortos, ós que botaron dentro da lagoa, e para que non houbese risco de profanación decidiron erguer un muro arredor dela.

 


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
VARELA CASTRO, Pedro: “La Estrada”, 1923.

ENLACES WEB:
CAPÍTULO 0:”Do Lago de Maimón á Lagoa Sacra”: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/11/21/do-lago-de-maimon-a-lagoa-sacra/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6741692638
Lonxitude: -8.352227211
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84