Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Salvador)
Lugar: San Salvador
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A fonte consta dun muro de perpiaño regular con remate en cume, no que vai unha fornela coa imaxe de San Salvador coa bóla do mundo na man. A auga sae por debaixo do muro a dúas pequenas pías que deitan a auga nunha pía de cemento máis grande e que logo vai a un lavadoiro. Foi gorecida cun tellado a dúas augas sobre pilastras de cemento e cuberta con tellas do país. Segundo Clodio Rodríguez, a obra consta que foi feita no 1819, pero a imaxe quizais sexa máis antiga e puidera proceder da igrexa vella de San Salvador de Bastavales.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998 ISBN 84-89129-09-6 (pax 309)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.83265856736023
Lonxitude: -8.665788173675537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84