Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro situado no adro da Igrexa parroquial de Santomé de Piñeiro, xusto diante do acceso ao camposanto, e presumiblemente erguido ao mesmo tempo que esta obra, que foi costeada polos veciños no ano 1881, segundo consta na inscripción sobre a porta.

Aséntase sobre unha ampla plataforma de dous chanzos, cun pedestal de sección cadrada e mesa de ofrendas de pedra no frente, sostida por balaustres. O varal é de sección octogonal, sen figuras. O capitel é troncocónico, separado do fuste por un anelete, e decorado con follas e volutas nas esquinas. A cruz, tamén de sección octogonal, ten un cristo de boa traza no anverso, e unha Virxe das Angustias no reverso, en actitude orante e cos pés apoiados nunha mensuliña.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.35544002935761
Lonxitude: -8.719024658203125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84