Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vigo
Parroquia: Teis (San Salvador)
Lugar: Avenida de Galicia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peto formado por tres partes diferenciadas: pedestal con peto, corpo central enmarcado por unha cornixa curvilínea, de traza barroca, coa figuración das almas no Purgatorio, e na parte superior a Crucifixión. Estas almas no Purgatorio son sete figuras, seis de elas son homes e mulleres entre as lumaradas do Purgatorio e na parte superior podemos ver a imaxe de San Francisco suxeitando da man a dúas de elas, unha a cada lado, correspondendo unha á representación dun home e a outra a unha muller. Enriba deste conxunto temos unha Virxe orando enmarcada dentro dunha forma circular.
O conxunto está coroado por Cristo crucificado con tres cravos e os brazos oblicuos apoiado sobre unha bola.
A parte baixa posúe un amplo pedestal e un peto. Debaixo podemos ler: “ECH EL AÑO”. Seguidamente un recadro que posúe una inscrición case ilexible: “A DEVOCION DE D FRAN R D SUY Y SU T…..”
O peto non ten fornelo e está completamente ao descuberto todo el.
Foi restaurado e mostra unha fermosa policromía.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.27.001 – páxina 98)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17839&ctre=56
http://xosecounhago.com/?p=14
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/07/petos-de-nimas-de-san-salvador-de-teis.html

BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2570893156
Lonxitude: -8.68170976639
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84