Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Lestaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A mámoa ten un gran cono de violación que ademais esnaquizou parte do túmulo e desprazou as tapas da cámara e do corredor. Ten uns 18 metros de diámetro e 1 m. de altura e aínda podemos ver a cámara interna de forma poligonal que conserva 4 esteos. O maior sobresae 80 cm. do chan e ten de longo 1.7 m. Consérvanse dúas pedras do corredor de 70 cm. e 1,1 m. que sobresaen 40 cm. As condicións topográficas son as dunha extensa penichán que se atopa a 400 m. de altitude e que se estende ao norte do Monte Tremuzo (525 m.)
A 270 metros ao sueste de este túmulo está a mámoa do Rego da Lagoa (GA 15062023), no medio dunha ampla agra cruzada por regos de auga, máis deteriorada que anterior e de semellante tamaño, pero xa sen ningún rastro das pedras da cámara, ademais sae unha pista a rentes dela. Outras mámoas que están na súa contorna, e están catalogadas no pxom do concello de Outes son A mámoa do Monte Albelo a 1 km. cara o sur (GA15062024) e a mámoa do Campo da Corredoira a poucos metros ao oeste da aldea de Terelle (GA150620219)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax, 42 e 43)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.PDF
( páxina 3 Casiña dos Mouros)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA005.pdf
(en páxina 3 ver Mámoa de Terelle. En páxina 5 Mámoa Rego da Lagoa. En páxina 6 Mámoa de Monte Albelo,)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8511768548Lonxitude: -8.97038519382
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84