
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo
Lugar: Vigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
É o castro urbano de Vigo e está situado no corazón da cidade, no monte que leva o seu nome, hoxe en día un gran parque con moi diferentes utilizacións e variedade de zonas de diverso interese. Dos vinte e sete castros catalogados en Vigo este podería ser neste momento o máis interesante en canto á súa difusión e achegamento de persoas a visitalo, tanto polo tamaño das escavacións e musealización ata agora levadas a cabo como pola dimensión do que aínda queda por desenterrar. A súa céntrica situación permite un doado acceso dende calquera punto do concello.
O estado actual de restauración permítenos apreciar diversos detalles moi importantes para comprendermos a forma de vida dos nosos devanceiros galaicos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36057007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23218358254261Lonxitude: -8.727988600730896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(4 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
adela suma says:
Set 6, 2011
Coma información adicional, enlazar a ficha no PXOM de Vigo (2008) deste castro con código GA36057007 (a ficha é a X-007):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca026.pdf
Xosé Couñago says:
Set 6, 2011
Para unha información máis ampliada tendes un enlace ao seguinte artigo: http://xosecounhago.com/?p=95