
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Boel
Outra denominación do ben: Pazo de Boel
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo de Añon e un dos escasos exemplos de arquitectura barroca conservados na comarca. Construído por fidalgos enriquecidos co cobro das rendas forais nos séculos XVII e XVIII, deriva das vilas renacentistas suburbanas: monumental fachada con balconada dende a que se contempla a paisaxe, airosa escaleira, robusta cheminea e gran escudo. Ten planta rectangular de dous corpos dispostos transversalmente con engadidos de épocas posteriores. Muros de cadeirado e cachotaría e tellado a tres augas nas esquinas dos corpos do edificio. O elemento máis destacado é o patín coa balaustrada cuberta por una beirado que se apoia sobre dúas columnas de fuste oitavado e a escalinata decorada no arranque do pasamán con pináculos de Bólas. Na parte posterior ten unha galería construída sobre patio porticado. Está rodeado dun muro cun portalón ameado cun arco de doelas de granito. Cerca do pazo está a casa onde naceu o poeta Francisco Añón.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-X
Ficha do pxom do concello de Outes onde se pode ver unha foto da fachada do edificio
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA010.pdf
(pax. 3 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8467483896Lonxitude: -8.91412854195
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




