Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: Tarás (San Xián)
Lugar: Tarás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Según Xoan Mariño no seu libro de Patrimonio Histórico de Outes do 1999, non se dispón de documentos referentes a súa construción: “Tanto Artaza Malvárez como Carré Aldao pasan de longo por Tarás sen mencionar nin a igrexa parroquial nin Santa Lucía, e ao non nos ser posible consultar os libros parroquiais, non podemos atestiguar a súa antigüidade”….O pxom dátaa como unha construción do século XIX, pero todo apunta que foi erixida sobre outra anterior, dado a cristianización do culto ao manancial que se lle atribuen propidades curativas, sinal, ao mellor, de antigos ritos precristianos. Ten planta de nave única rectangular con presbiterio lixeiramente elevado por un chanzo, e o altar por outro máis. Bóveda de canón peraltado . Sancristía rectangular adosada polo lado norte. A fachada remata con unha espadana para a campá con dous pináculos, que se erixen como uns dos poucos ornamentos. A fábrica é de mampostería de granito enfoscada en cal. En freote á fachada hai un palco octogonal de pedra para as celebracións, e todo o adro cuberto por plátanos de sombra remata con un paredón de onde sae un manancial de auga donde os fieis lavan os ollos con un pano e os deixan colgados na vexetación para curar os males da vista.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño, Xoán. Patrimonio Histórico Artístico de Outes, Volume I.
ISBN. 84-8408-003-X
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA015.pdf
(pax. 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8363721098
Lonxitude: -8.8923060894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84