Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: Matasueiro (San Lourenzo)
Lugar: San Paio (A Famelga)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela ten nave rectangular precedida dun vestíbulo máis estreito, que antes era o presbiterio. A sancristía, orixinalmente era un pórtico, pois era o lugar polo que se accedía ao edificio primitivamente, ata que en 1947 se tapou, pasando a facerse na actualidade polo lado de levante e que dá á estrada que vai de Outes ao Pino de Val. O teito presenta altura uniforme e vai a dúas augas, aínda que por poñente a altura é máis de 1 m. menor debido ao desnivel do terreo.
A noticia máis antiga da capela figura gravada no retablo pétreo do seu interior : “PETRUS DE TEIRA ME FECIT. SUI BONIS TOT(A) QUE CAPELAN 1711”. Os muros son de mampostería e a fachada vai rebocada. Na parede ábrense moi poucos vans. Unha ventá na sancristía e dous estreitos tragaluces, un a cada lado da nave central. Na fachada vemos unha fornela de cemento sobre a porta e unha cruz no seu cume. Na parte traseira unha pequena espadana feita no 1997 remata a cabeceira. O lugar que ocupa a capela e de considerable beleza, no fondo dun val e a carón do regueiro de San Paio que pertence a conca do río Tins. A capela está nun lugar topográfico moi semellante á capela de Santa Locaia a 1,5 km. cara ao nordés e a beira do río do Vao da Denociña, que vai parar tamén ao Tins, no concello de Mazaricos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4 (pax 51)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf (pax. 2 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8847379122
Lonxitude: -8.94269943237
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84