Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Marín
Parroquia: Marin de Arriba (San Xulián)
Lugar: Campo Chapado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O complexo rupestre da Carrasca é un conxunto inventariado de seis rochas con petroglifos, nos Montes de San Xulián, situados arredor dunha canteira coñecida como A Carrasca.

O terceiro dos conxuntos de gravados está nunha laxe a ras do chan, a uns 60 metros da segunda das rochas insculpidas, seguindo polo mesmo camiño, á man dereita, a moi poucos metros do mesmo.

Contén unha combinación de círculos concéntricos e algúns outros trazos de difícil interpretación.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026045
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PEÑA SANTOS, Antonio, e GARCÍA ALÉN, Alfredo. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Barrié de la Maza, 1980 (este conmplexo rupestre foi publicado co nome de Champás, de maneira errada, pois os petroglifos de Champás son outros, tamén próximos. Este petroglifo, concretamente, podería ser o publicado como Champás II, aínda que resulta difícil a comprobación, no estado actual)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Sen balizar, nin sinalización de ningún tipo. Está semioculto polo entullo da canteira e da pista forestal veciñas, polo que está medio cuberto de terra e broza. Ademais, a vexetación de toxo e eucalipto é moi mesta, co conseguinte perigo de incendios.


Onde está localizado

Latitude: 42.374257227730205
Lonxitude: -8.675275146961212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84