Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Corzáns (San Miguel)
Lugar: Petán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Ubicada a escasos metros do Pazo de Petán, presenta planta rectangular, unha soa nave e fábrica a base de perpiaño de granito.

A fachada principal aparece organizada nun único lenzo e centrada polo van de acceso. Remátaa unha cornixa moldurada que circunda todo o perímetro do templo. O máis característico desta fachada é a superposición de tres molduras nos extremos superiores do muro. A inferior semella o remate ou capitel dunha pilastra, sucédea a moldura da cornixa que que envolve a igrexa e finalmente a moldura da cornixa superior coroada por pináculos. Por último, e centrando o lenzo, remata a espadaña dúplice e dividida en dous niveis por unha liña moldurada. Nesta fachada aparece gravada a data de 1910, que pode ser alusiva a algunha obra de reconstrucción.

O resto dos muros son igual de sinxelos no seu tratamento. Sen embargo tamén mostran elementos singulares como é a fiestra de arco triangular do lateral norte. Nesta mesma fachada tamén aparece un gravado que semella un blasón, e dous pequenos corpos adosados ao principal. Estes pequenos corpos sucesivos, mostran elementos como unha pilastra ou remates con pináculos e cruz central. No lado oposto tamén aparece adosado á nave outo pequeno corpo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catalogado nas normas de planeamento de Salvaterra:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA005.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11126477546196
Lonxitude: -8.470780849456787
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84