
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Corzáns (San Miguel)
Lugar: A Feira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela de planta rectangular cunha soa nave. Mostra paramentos de perpiaño irregular de granito moi sinxelos. A fachada principal aparece centrada pola porta alintelada e flanqueada por dúas xanelas, todas elas con marco recercado. No lateral esquerdo da porta aparece un crucifixo sobre peana que emerxe dunha representación das ánimas no purgatorio, e todo o espazo da entrada preséntase cuberto por un pequeno porche.
O presbiterio, de planta cuadrangular e cuberta a catro augas, aparece resaltado en altura, así tamén polo ensanchamento con respecto a nave. Pola contra, e con respecto ao resto do paramento da nave, os seus muros aparecen flanqueados por pilastras que rematan en pináculos.
Como elemento singular ten a espadana, que en troques de rematar a fachada principal, disponse sobre o muro lateral sur.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catalogado nas normas de planeamento de Salvaterra. http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA005.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.111539364604745Lonxitude: -8.474240899085999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 5, 2013
Na parroquia de Corzáns existiron dúas familias señoriais, os Petán e os Barbeito.
Destas familias consérvanse restos monumentais e brasóns, dos cales é mostra esta capela da Virxe do Carme, hoxe de jurisdicción parroquial, onde fronte ao altar maior se atopan catro lápidas sobre os sepulcros dos seus fundadores: dous deles corresponden a señores de Petán, co escudo de armas dos Sarmiento, mentras que os outros dous son de Don Diego e Don Xulián Pereira de Castro Aballe, co brasón dos Pereira de Castro.
Esta capela posuía un magnífico retablo barroco que foi destruído polo lume.