Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Fiolledo (San Paio)
Lugar: San Gregorio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta capela, agora en ruínas, mandáraa levantar na segunda metade do século XVII Gregorio de Avalle e Pereira de Castro, capitán e familiar do Santo Oficio. A capela conságrase a San Gregorio, o que deu nome ao lugar no que se atopa. Nela foi soterrado o seu promotor en 1690 por desexo propio. Da súa ampliación quedou constancia no arco central, onde pode lerse a inscrición: “Mandado levantar en el año de 1778 por Felipe Antonio de Avalle Ponce de León, heredero de esta casa”.
A porta é de cerco rebaixado, enriba da cal está un escudo que presenta as armas dos Mariño de Lobeira, Sotomayor, Pereira de Castro e, sobre todo, as do liñaxe principal da casa, Avalle. A serea dos Mariño, coa súa característica postura, suxéitaos coas súas mans. Ambas dan fe da filiación do personaxe que os mandou esculpir, sucesor e herdeiro das casas de Fiolledo e Marrán, cos señores do pazo de San Amaro, na parroquia de Porto.

Posue espadana dun oco e remate en cruz latina.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.099687174170036
Lonxitude: -8.479306250810623
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84