
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Veiga
Parroquia: Vilanova (San Pedro)
Lugar: Vilanova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa foi feita no século XVIII e pertence ao estilo neoclásico. De planta rectangular con tellado de lousa que vai a dúas augas no corpo da nave e a catro no presbiterio. A fachada amosa porta con arco de medio punto con adorno de molduras na parte onde arrancan as grandes doelas do arco. Pilastras encostadas aos lados da entrada parecen soster unha cornixa voada que define o primeiro corpo ascendente. O segundo ten unha ventá central, cos lados resaltados no perpiaño do muro, e adornos de placas que lle confiren certa verticalidade dentro dos pouca decoración do templo. Rematan a decoración os lados curvos da parte superior do muro da fachada e pináculos de bólas. Na parte superior unha gran cornixa voada adorna a base do corpo da espadana de dous corpos, o primeiro de dous ocos, con arcos de medio punto, e o segundo leva un, ambos separados por moldura horizontal e pináculos adobiando os saíntes das esquinas. No interior destaca un retablo de estilo rococó rematado en 1797 de estrutura piramidal e destaca no sagrario unha peza que representa un pelicano . Tamén é de gran calidade a imaxe de San Toribio
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AVEIGA/documents/0501CA006.pdf ( pax. 19 de 29)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AVEIGA/documents/0501CA001.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.267035854778214Lonxitude: -6.895551681518555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




