
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Lira (San Simón)
Lugar: As Carrasqueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro, situado no cemiterio, está datado en 1732.
O cruceiro ten dous chanzos como base. O seu fuste é octogonal. O capitel é de tipo xónico con representacións de caras nos seus catro lados que dín o seguinte:
“1732
AÑO DE
ESTA OBRA RO.DEC
I SU MUGER”.
A cruz, cadrada e estriada, ten esculturas acoradas polos dous lados, por diante un cristo cravado e por detrás a representación dunha Piedade.
Segundo relata Estanislao Fernández de la Cigoña, “este cruceiro estaba primitivamenteno barrio do Bugallal e foi trasladado cara o novo cemiterio parroquial pola década dos 60 do século XX”.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA001.pdf (Páxina 2)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360500801.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.154326899754Lonxitude: -8.4707392752171
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84