Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: "Corno do Cervo" (Lestaio-Esperante)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O cruceiro está nun cruce de estrada a 800 m. das aldeas de Esperante e Lestaio. Ten plataforma de tres chanzos de sección cadrada e un pedestal cúbico de 68 cm. de lado e 34 cm. de alto, con arestas biseladas. Leva unha placa na que se pode ler “ A DEVOCIÓN Y PROMESA DE LORENZO CAAMAÑO AÑO 1964 “.O alto varal de 3,60 m. está disposto en oblicuo respecto ao plano do pedestal para quedar a cruz fronte á intersección de camiños. O varal é de sección octogonal, sendo o comezo e o remate en cadrado. O capitel ten base cadrada e catro corpos, o primeiro liso, o segundo de forma acampanada e o terceiro e cuarto novamente rectos. Cruz de planta circular con formas espiñadas nos brazos, leva polo anverso un cristo de boa factura e polo reverso unha Dolorosa apoiada sobre un prato que descansa nunha cara de anxo. Ao pé do cruceiro hai unha mesa de pedra onde repousaban os cadaleitos camiño do cemiterio. Ao redor del hai un pequeno muro de pedra que enmarca o espazo do cruceiro
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I,
Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X
(pax 180)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA027.pdf
(pax. 1 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8580037776Lonxitude: -8.97315859795
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84