
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Mirás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O cruceiro está diante da capela do socorro de Mirás e a 200 metros do castro. Ten plataforma de tres chanzos cuadrangulares e un pedestal de 46 cm. de alto e base de 53×56 cm. A media altura en cada esquina ten un rebaixe de 1 cm. de ancho e polo anverso unha inscrición que pon “SE YZO EN EL AÑO DE 1905”. O varal comeza cadrado e logo tórnase octogonal. Mide 1,9 m. ata a moldura do primeiro capitel. Este mide 30 cm. de alto e ten forma de estrela de 8 puntas con lados curvos, cunha físgoa horizontal que a percorre en todo o seu perímetro, baixo este corpo hai catro cabezas moi gastadas. A continuación outro varal cilíndrico de 50 cm. de alto ten enriba del outro capitel de formas sinxelas con semicírculos en cada esquina, semellando volutas. Debaixo unha coroa circular de follas moi esquematizadas. A cruz con base cadrada vira en cilíndrica con decoración de nós. Leva no anverso un Cristo de talla elemental e enriba del unha cartela coas letras desaparecidas polos desgaste da pedra. Polo reverso vai unha Dolorosa sobre unha cabeza, de trazado moi simple, e cuberta cunha touca. Leva un halo de ferro e un puñal chantado do mesmo material. O estado é aceptable pero as grampas de ferro están enferruxadas e tamén se ve moito cemento na base da cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 148)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA023.pdf (pax. 3 de 5)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8521010504Lonxitude: -8.96012306213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




