
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Lira (San Simón)
Lugar: Monte da Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de San Amaro atópase no Monte da Costa; nel hai unha capela consagrada ó santo que lle dá nome. Nos arredores aínda se poden contemplar sobre as rochas indicios dos antigos moradores.
Na zona meridional abundan restos de cerámicas galaico – romanas e romanas. Entre os fragmentos recollidos destaca unha peza decorada con elementos de sogas delimitada por acanaladuras horizontais, similar a outros restos cerámicos achados na comarca.
No cumio do monte, a carón da ermida, existe unha agrupación de cazoletas megalíticas de diferente diámetro.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Antes de haber esta capela os mouros dicían misa no mesmo lugar. O día do San Amaro botábase auga nas pías que hai na rocha e logo de bendicida o cura facía aspersóns con ela á xente, ó gando e ós campos.
Fálase de que houbo minas feitas polos mouros pero que a xente tapou para que non desaparecesen os animais por elas; e que este castro comunica co de San Mamede de Taboexa.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA001.pdf (Páxina 2)
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/castro-y-capilla-de-san-amaro-de-lira/
https://omeigodotea.blogspot.com/2018/11/a-misa-dos-mouros-e-seus-rituais-no.html
http://www.comarcasnarede.com/colaboradores/memorias-da-terra/item/11665-a-misa-dos-mouros-no-castro-de-san-amaro-lira-salvaterra
BIBLIOGRAFÍA:
APARICIO CASADO, Buenaventura, Mouras, serpientes, tesoros y otros encantos. Mitología popular gallega, Cadernos do Seminario de Sargadelos, 80, Edicións do Castro, Sada, 1999.
GARCÍA ALÉN, A., PEÑA SANTOS, A. de la, Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra, A Coruña, 1980.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1528256185Lonxitude: -8.47313851118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Mai 9, 2013
Como ben di o autor da ficha, non queda claro se este ben trátase do recollido no catálogo das N.S.P. (1993) do concello coma “castro de Lira”.