Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Leirado (San Salvador)
Lugar: San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela exenta de reducidas dimensións que celebra a súa festa o 16 de agosto. A construcción data de 1792, aínda que foi recentemente restaurada polos veciños.
Presenta un pórtico de arco apuntado torre de espadana xunto con dous petos de ánimas adosados e dando paso a un amplo atrio onde se encontra a porta adintelada.
Nos laterais da fachada atopamos dous petos de ánimas, de rico valor arquitectónico, que representan a San Roque e San Antonio en azulexos policromados.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O peto de ánimas de San Roque é de tipo aberto realizado en azulexo policromado. Ten na súa parte inferior unha especie de pousadoiro ou mesa de pedra. O retablo do referido peto áchase conformado por nove azulexos en filas de tres. Preside o conxunto a imaxe de San Roque que mostra a ferida da súa perna esquerda, estando acompañado dun can que leva na súa boca unha barra de pan.

Aparece en azul a imaxe de Santo Antón levando o Neno Jesús no seu colo. Sitúase entre nubes e por enriba de dúas palmas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA008.pdf (Páxina 3)

BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS PETOS
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.129981868
Lonxitude: -8.46054285765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84