Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Lira (San Simón)
Lugar: As Carrasqueiras
Outra denominación do ben: Cruceiro da Quinta de Don Mario ou dos Cabaliños // Cruceiro das Carrasqueiras
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun cruceiro do ano 1668 que nace sobre unha base cúbica decorada con caveiras nos catros esquinais e con inscricións nas súas catro caras que din o seguinte:
“SU MUGUER
SABINA DO IGLIXO

IMPLANTO
DE 1668

ESTA OBRA
MANODO HAZER

ANDRES
MARTINEZ”.

O seu varal de sección ocotogonal da paso a un capitel de forma cadrada con volutas e follas de acanto.
Na cruz, de tipo latina cos remates potentados, vemos as imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, e cartela de “INRI”; e no reverso a Piedade con Cristo nos seu regazo sobre peaña dun anxo.

Segundo nos contan a xente do lugar, este cruceiro pertenceu ao pazo de Lira.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360500802.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.151228852565
Lonxitude: -8.4719744324684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84