
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Lama Má (San Cibrao)
Lugar: Xocin
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Restaurada polos donos actuais, quedan residuos do que foi a estrutura da Torre de Xocín, coma os peados nas fiestras. Tiña torreón con escaleira de caracol, na que os nenos aínda polos anos 1915-1920 xogaban ó escondite; logo desfíxose tamén a capela de Nª Sª do Socorro, levando a imaxe para a nova ermida preto do lugar. Din que a casa do Correxidor era a que está á beira.
Xocín é unha antiga Villa Joachini, igual ca Xociños na Rabeda, Ourense, Villa de Joachinus. Aquí radicaba un importante señorío.
Deica o río chegaba o couto señorial; queda o topónimo: O Cortello do Pazo, cerca da ponte sobre o río, un paso de regueiro é O Porto de Vasco, que acaso se refira ó sonado Velascus Menendi de Ambía do séc.XII.
Ben escollido está, como emblema da familia, o castiñeiro, árbore cuio conxunto forma soutos e soutelos; tamén as cabras, que gustan de debullar a casca dos bravádegos e castiñeiros novos. O que está en xeral é mal representado nos escudos.
Tamén o couto de Xocín é parte do “recobrado” patrimonio rosendiano.
Xocín pasa por matrimonio a ser couto do Conde de Torre Penela, do soar de Alongos en Toén, fundado no 1500 polo cabaleiro Don Gonzalo de Puga, cuio sartego está en S. Francisco de Ourense (CEG, 59, p.341).
A presencia do Señor de Torre Penela en Xocín e S.Pedro de Maus na primeira mitade do séc. XVIII constátase pola lenda do seu escudo na porta lateral de S.Pedro, que aínda que erosionada a data, debe de ser dese tempo: “SE HISO POR DON LUIS ANTONIO DE PUGA SEÑOR DE JOCIN Y MAOS (………)”.
Do 1769 sabemos pola Visita Pastoral á freiguesía de Lama Má (Libro Fca. f.115) que é “señor de la Casa de Jozin y dueño de su coto Don Gregorio de Puga. Dentro de los muros tiene capilla particular y propia de Nª Sª del Socorro”. Este Gregorio está enterrado no Mosteiro de Monterramo según o P.Crespo (Op.cit XXI, 235).
Polo Catastro de Ensenada, ano 1752, sabemos que Xocín é señorío de Don Juan Antonio Solís y Puga, rodeado da xurisdición de Baños de Molgas do Conde de Monterrei (Bol. Aur., VIII, 176-7) de quen era o comunal do Monte Medo. De ahí que Xocín non tivese comunal, que si tiñan Vilariño da Torre e Calvelo de Seoane.
Os escudos de Xocín na Torre restaurada, sen elmo ou bordura, son tres:
1-Á beira do portalón do patio, escudo partido; a destro a espada dos Feixoo de Vilar de Cas partindo lúas de Ambía; a sinestre, as 5 lúas en sotuer na parte alta, na baixa castelo con aguia esparrañada dos Nóvoa de Maceda. Non deixa de ser curioso que aquí rexurdan con tal forza as lúas de Ambía, e no canto dos roeles.
2-Dentro do patio, no formal da casa, con catro particiós: 1ª armas de Feixoo (deVilar de Cas), 2ª armas de Puga (Alongos-Puga, Toén), 3ª armas de Feixoo; 4ª león de Enriquez.
3) Á beira da cancela de paso ó xardín, repite as armas: 1 Soutelo, 2 Feixoo, 3 Puga, 4 Enríquez.
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.208452614996816Lonxitude: -7.63755261898040
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84