Outra fotografía:
Tipo de ben: Foxo do Lobo,
Concello: Mondariz
Parroquia: Sabaxáns
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Os “Foxos do Lobo” son antigos vestixios de trampas para cazar lobos. Este en particular é especial porque se non e o único no mundo, é o único en España que se caracteriza por ter dous foxos, en vez de un, como é normal.
A caza do lobo nestas construción consistía en realizar batidas coa colaboración dos veciños de varias aldeas nunha zona particular, cargando fachos e ferramentas para facer ruído, avanzando por varios frontes pechandose en dirección ao foxo para levar os lobos fuxindo cara a este. Os Foxos consisten en dúas paredes que se van pechando en forma de funil para finalmente rematar no propio foxo, que é como un burato non moi fondo, onde o lobo fuxindo da xente e verse cercado, entra facilmente, pero debido ao altos muros do foxo non podía saír. Unha vez que o lobo caía na trampa, os veciños dábanlle morte apedreándoo ou dándolle un tiro. Algúns teñen dentro do foxo unha pedra afiada, de forma que o caer o lobo dentro, queda ferido.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Posible afección por unha futura canteira na zona.
Onde está localizado
Latitude: 42.298000367129Lonxitude: -8.4197437763214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
adela suma says:
Ago 29, 2011
O PXOM de Fornelo de Montes (2003) non recolle este elemento etnográfico no seu catálogo.
Ultimator says:
Ago 29, 2011
Buscando en noticias del periodico, encontré que pertenecia a Sabaxáns(Mondariz).Ya lo he corregido, pero viendo en los mapas, figura en los limites de Fornelos con Mondariz.Gracias
adela suma says:
Ago 30, 2011
Gracias por la puntualización 😀
de todas formas, comprobé el planeamiento vigente en Mondariz, un P.O.M.R de 1999, y en su catálogo tampoco aparece.
Oscar Franco says:
Xuñ 10, 2015
No PXOM de xuño de 2012 do concello de Mondariz se recollen dous foxos de lobos no lugar de Chan de Anduriña – Coto da Eira; un deles é o desta ficha:
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha E-071 – Páxina 175)
José de la Riera says:
Out 28, 2016
O Foxo do Lobo sitúase no concello de Fornelos de Montes según todos os plano e fichas actuales. Grazas.
Manuel says:
Set 12, 2020
Completamente abandonado.
Oscar Franco says:
Set 14, 2020
Este foxo de lobo destaca pola súa construción en W, único en Galicia. A día de hoxe aínda se conservan partes da súa muralla con máis de 2 m. de altura.
O conxunto posúe dous foxos.
Existen referencias bibliográficas deste foxo do ano 1664.
A poucos metros deste complexo podemos ver a neveira de Chan de Anduriña (http://patrimoniogalego.net/index.php/103624/2019/11/neveira-de-chan-de-andurina/).
Código no Catálogo da Xunta: GA36019017
Referencias bibliográficas:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/foxo-do-lobo-de-chan-da-andurina/
https://www.galiciamaxica.eu/blog/trampas-seculares-foxos-do-lobo/
http://fornelos.gal/es/el-foxo-de-los-lobos
https://www.youtube.com/watch?v=OPRbr3PFQSk