Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Marín
Parroquia: Campo (Santa María)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben: Castro das Pidreiras
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado nun pequeno outeiriño na marxe do río Loira ou Neibó. A súa pranta é ovalada, dunhas dimensións máximas de 80 m (en sentido Norte Sur) por 60 m (Este-Oeste), paralela ao curso do río, que defende o seu flanco occidental. Polo seu lado oriental as defensas naturais están alteradas polo acondicionamento das terras para o cultivo de viñas, pero pódense apreciar algúns parapetos e foxos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026028
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Apareceron algúns materiais cerámicos que indican a ocupación do castro en época da conquista romana: nomeadamente tegula, anacos de ánfora e Terra Sigillata hispanica, que foron depositados na Biblioteca Pública Vidal Pazos de Marín.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A construcción da “variante de Marín” pasou moi cerca, ao Norde do xacemento, privándoo en parte, cos seus terraplenados, da súa relación visual co entorno. Está completamente cuberto de árbores e mestas silveiras. Algunhas das remocións e foxos que son apreciabeis no terreo poden ser obra de escavadores furtivos.


Onde está localizado

Latitude: 42.36529028218844
Lonxitude: -8.723090887069702
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84