Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Ponte Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Ponte Vella, chamada así en contraposición é máis recente Ponte Nova, perde as súas antiquísimas orixes nunha estrutura da época romana. A actual reformada no ano 1890, toma como base un elemento de composición medieval. Sobre esta, ó seu inicio, estaba situada a Alcabala, (a popularmente chamada Torre de Caramona, destruída no ano 1823) onde se cobraba o portádego ós viaxeiros e mercadores.
Ponte de cadeirado de granito, xa nomeado no século XIII, nun documento de Alfonso IX, do cambio da vila de Betanzos ó Castro de Untía: “…per fontem qui est in rippa rivuli de Mandeo iuxta ponten de Unctía…”.
Salva o rio Mandeo mediante catro arcos de medio punto de distintas dimensións presentando tallamares de sección triangular en ámbolos lados da ponte. Co asfaltado da calzada perdeu o taboleiro orixinal xunto co peitoril ó ancheala estrada.
A ponte vella, coa súa inseparábel torre, forma parte do escudo oficial da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– NUÑEZ LENDOIRO, J.R.; RIVADULLA PORTA, J.E.: “Alfonso IX traslada en 1219 la población de Betanzos al Castro de Untía”. Libro de festas de Betanzos, 1985.
– NUÑEZ LENDOIRO, J.R.; RIVADULLA PORTA, J.E.: “El puente nuevo y la Caramona representados en el blasón de Betanzos de los Caballeros”; UNTIA: Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns, Nº 2, Betanzos; 1986.
– anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1998PDF/1998_353_378.p…
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.281403633489326
Lonxitude: -8.208932876586914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84