
Outra fotografía:
Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: A Pobra do Brollón
Parroquia: Parada dos Montes
Lugar: Parada dos Montes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
As aldeas de montaña da Terra de Brollón son das denominadas pechadas polos xeógrafos. É un tipo de asentamento agrupado no que as casas, palleiros, cortes, etc. están dispostos ao longo dun camiño e pegados os uns aos outros semellando unha soa casa. A ese camiño ábrense rúas estreitas que non chegan a medir un metro de ancho. Disque este agrupamento ten o seu berce nos castros galaico-romanos da zona. Outra das características destas aldeas é que están construídas en terreos rochosos xa que nestas serras de fortes pendentes e terreos pouco produtivos e escaso, é obrigada a dedicación deste tipo de terreo para o asentamento dos núcleos de poboación. O visitante axiña se decata de que as aldeas están orientadas cara o mediodía e protexidas dos ventos do norte e poñente o que lles permitía loitar contra unha meteoroloxía moi rigorosa (nevaradas e xeadas). Por seren escaso o terreo dispoñible, pouco quedou sen construír polo que moitas casas teñen unha parte do seu primeiro andar feito por riba das rúas, as cales se ven obrigadas a discorrer baixo cuberta semellando auténticos túneles. Estes espazos cubertos xuntos cos beirados dos tellados que cobren a metade das rúas por cadanseu lado conseguen que todo o chan da aldea estea protexido da invernía e se poida traballar e andar dun lado para o outro sen se mollar. Ao tempo tamén permiten ter ao cuberto a leña, carros, arados e ferramentas. Ao seren un lugar pechado e os veciños poder desprazarse polos corredores que comunicaban as casas, tamén se protexían do lobo.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5737283Lonxitude: -7.2723667
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84