Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arbo
Parroquia: Sela (Santa Mariña)
Lugar: Eidos de Abaixo.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As orixes desta casa remóntanse cara finais do século XVII, sendo o seu promotor o licenciado Don Baltasar Puga e Novoa, abade da freguesía de Santa Mariña de Sela.

Trátase dunha construción de sólida edificación de planta rectangular de excelente sillería. A fachada principal ábrese cara o norte e aparece dividida en dous andares, dos que o inferior é prácticamente compacto, mentres que no principal ábrense tres vans en forma de arco rebaixado.

A casa ubícase nunha extensa finca na que aparecen outros edificios auxiliares ademáis dun pombal circular e dous hórreos de tres pares de pés cada un.

Completan o conxunto os dous portalóns brasonados. O portal máis antigo é o que se ubica á beira do camiño que leva cara a igrexa (foto 2). Este organízase como un muro de perpiaño irregular, coroado por unha cornixa sobre a que se dispoñen almeas e unha cruz no centro. No centro do paramento ábrese o van alintelado co escudo dos Puga e Novoa colocado á dereita. O segundo portalón aparece ao pé da estada xeral. Este aparece tratado como un lenzo mural, ao igual que o anterior, pero de mellor traza. Aparece flanqueado por pilastras e rematado por unha cornixa coroada por pináculos, almeas e cruz central. Centra o paramento o val alintelado, rodeado por unha moldura plana cun escudo á dereita.

Actualmente a casa atópase en estado case ruinoso e foi substituída como mansión residencial por unha edificación de construción recente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PEREIRA MOLARES, A. Mª. “Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII”. Fundación Pedro Barrié de La Maza, 2006. (pp. 504-505)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARBO/documents/0710CA008.pdf (ficha 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.09914585266226
Lonxitude: -8.349974155426025
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84