
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Treos
Lugar: Cárneo
Outra denominación do ben: Pedra da Moura de Carnio
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A Pedra Moura é de menores dimensións á súa veciña Pedra Cuberta. Ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior. O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Pedra Moura conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco.
Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón da Coruña.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15092001
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Como moitos outros lugares onde hai xacementos, o topónimo do lugar fai referencia ás mouras, seres mitolóxicos que habitaban nestas misteriosas construcións.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte, Tórculo Artes Gráficas (Santiago)
www.dolmensedemaisfamilia.blogspot.com
Fábregas, Ramón (2002): “Datación radiocarbónica de pinturas megalíticas del noroeste peninsular” en Trabajos de Prehistoria 59, n.M, pp. 157 a 166
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0813759896Lonxitude: -8.9778149128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Ago 30, 2011
As N.S.P. de Vimianzo (1994) inclúen este elemento no seu inventario sen ficha ou descrición; non aparece o código da Xunta nin no texto nin grafado no plano correspondente (somente os 200 metros preceptivos especificados na normativa de aplicación); o elemento denomínase nestas normas “1”; o inventario en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
o plano en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404PB011.jpg
Manuel Rial says:
Ago 30, 2011
Gracias polos enlaces. De ahora en diante podereinos consultar á hora de subir máis!
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
Este dolmen ten a consideración de Ben de Interese Cultural en virtude da Resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural,pola que se acorda dar publicidade á relación de xacigos megalíticos con arte rupestre e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural. Texto da resolución:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF
Oscar Franco says:
Set 29, 2020
A prensa dixital do 29 de setembro de 2020 denuncia o paso de maquinaria forestal ao mesmo pé deste monumento megalítico:
http://historiadegalicia.gal/2020/09/pasan-unha-gran-maquinaria-forestal-o-mesmo-pe-da-mamoa-de-pedra-da-moura-en-vimianzo/