Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bueu
Parroquia: Cela ( Santa María )
Lugar: Ermelo
Outra denominación do ben: Santiaguiño
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa pertencía a un mosteiro do século X do cal apenas quedaron restos, e foi reconstruida dúas veces, a primeira no ano 1104 ,reconstrucción da que se sabe por unha lousa que esta no interior da capela, cunha inscrición epigráfica cunha datación que alude ao arcebispo Xelmírez como restaurador deste templo. A segunda recostrucíon foi no ano 1774, que remodelou o edificio tal como se conserva actualmente. Nesta igrexa podemos atopar fragmentos de escritura visigoda, e foi obxecto de estudo de Frei Martiño Sarmiento. É de pranta rectangular, a nave está dividida por arco de medio punto e cuberta por bóveda de cruzaría. O exterior é simple e nel podemos atopar na súa cabeceira unha porta tapiada pola cal debian de entrar os monxes cando estaba o mosteiro. Cada 25 de xullo celebrase unha fermosa Romaría campestre onde a xente vén a comer aos campos dos alrededores da capela e tamén hai verbena.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Retablo interior restaurado .


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 42.30339239871773
Lonxitude: -8.766140341758728
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84