Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Carballedo
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trátase dun xacemento fortificado cunha cronoloxía próxima ao cambio de Era (séculos II-I A.C.), aínda que tivo unha reocupación en época romana tardía (moi tardía). Consta dunha croa de forma eliptica cunha pequena terraza cara ao oeste. Coas seguintes medidas medidas:
E-O: 47,5m.
N-S: 45m.
A terraza mide 27m no sentido E-O.
As escavacións arqueolóxicas feitas polo equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Concheiro en 2008, 2009 e 2010, sacaron á luz vestixios de construcións e materiais dun poboado castrexo habitado entre séculos II antes de Cristo e I despois de Cristo, pero hai indicios de que puido ser incluso máis antigo. Desta época escavouse a muralla, un fondo de cabana e outras estruturas domésticas. O xacemento tamén tivo unha ocupación posterior de época romana tardía, entre os séculos IV e V despois de Cristo. Deste momento escavouse parte dunha casa de planta cadrada no recinto principal.
Desa última fase o rexistro material é sorprendentemente rico: cerámica local e de importación do Mediterráneo, algún numismática e obxectos de uso cotián e adorno persoal, entre os que destaca un anel de bronce e un pendente de ouro. Esta última peza ten unha importancia extraordinaria, xa que é a primeira vez que se atopa en Galicia unha xoia desas características nunha escavación científica.
O lugar debe o seu nome a un cruceiro que se erguía na croa e do que aínda se pode ver o baseamento do varal preto do muíño de vento. Antigamente as rogativas de choiva e a bendición dos campos facíanse dende este cruceiro, logo de saír en procesión dende a igrexa parroquial de San Miguel de Carballedo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012040
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● N.S.P. 25/02/97. Xacementos arqueológicos. Yacimiento 40.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
● Manuel Reboredo Tajes «A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Verdugo-Oitavén» Tese de Doutoramento. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. páx. 263.
● Angel Concheiro Coello, Olalla Montero González. “A cruz do Castro de Carballedo (Cotobade-Pontevedra) e a valorización do seu patrimonio rural”. Análise empresarial: revista trimestral de información economica, ISSN 0214-4646, Nº. 39, 2009 , págs. 93-97.
● Raquel Casal García, Angel Concheiro Coello, Alberte Reboreda. “O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico”. Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 29, 2010 , págs. 145-150.
● Seoane Veiga, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 417-218)
ENLACES WEB:
http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3282767.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/10/29/0003_7266030.htm
http://arquestudio.blogspot.com.es/2009/08/cruz-do-castro-simbolo-da-comunidade-e.html
http://www.concellodecotobade.org/index.php?page=page/foxo_do_lobo.php
http://arquestudio.blogspot.com.es/2009/08/o-dia-17-iniciase-escavacion-na-cruz-do.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4812586701Lonxitude: -8.47584486007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
pablo fernández ans says:
Feb 3, 2021
Interesante aportación respecto á toponimia de “Cruz do Castro”, no artigo “Cardo y decumano de un castro” do blog arqueotoponimia da Filóloga Andregoto Galíndez. http://arqueotoponimia.blogspot.com/2020/05/castro-de-canido-ferrol.html
pablo fernández ans says:
Feb 6, 2021
Corrixo o enlace web indicado no anterior comentario, “Cardo y decumano de un castro”, no blog Arqueotoponimia: http://arqueotoponimia.blogspot.com/search?q=Cardo+y+decumano+de+un+castro
Ramiro says:
Nov 12, 2023
Planos do moinho de vento dos Laredos, localizado no topo da coto da Cruz do Castro. Estado após a sua reconstrução em 2009.
Ramiro says:
Nov 12, 2023
Lâmina do livro: Moinhos e outros engenhos hidráulicos. Terra de Cotobade 4. Ramiro Barros Justo (2021).