
Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Piolla, A
Outra denominación do ben: Mosteiro de San Bieito de Lérez
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O mosteiro de San Salvador ou San Bieito de Lérez foi fundado no século X polos monxes bieitos. O templo actual é neoclásico con fachada barroca do século XVIII na que vai a imaxe de San Bieito nunha fornela e dúas torres coroadas por dous pináculos. Pegada ao muro sur mantense unha á do claustro do século XVI. Nalgúns dos perpiaños deste muro vense signos lapidarios e inscricións románicas, da antiga construción. O máis interesante do interior é a capela de San Bieito construída no ano 1700 na cal pode observarse unha fermosa imaxe do Salvador. No s. XVI créase un Colexio de Humanidades e Filosofía no que destacaron o P. Feijóo e o P. Sarmiento. Cada 21 de marzo e 11 de xullo celébrase no Mosteiro a romaxe de “San Benitiño de Lérez. Ata San Bieito acoden miles de persoas para curar os seus males, especialmente os relacionados coa pel (espullas).
É costume pasar de xeonllos por debaixo do altar do Santo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FONTOIRA SURÍS, Rafael “Pontevedra Monumental” Excma. Diputación de Pontevedra, Pontevedra 2009. P. 261-264, 366-367.
ZARAGOZA I PASCUAL, Ernesto. “Abadologio del Monasterio de San Salvador de Lérez (Siglos XVI – XIX)”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 48, 1994 , págs. 405-436.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4492412626Lonxitude: -8.63214254379
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




