Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Fontenla (San Mamede)
Lugar: Barbáns
Outra denominación do ben: Cruceiro de Barbáns
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro apoiase sobre dous chanzos cadrados. A súa base tamén é cadrada. O seu varal é unha peza que nace con forma cadrada para pasar a ser octogonal. O seu capitel é de tipo corintio, con follas de acanto e volutas, e con caras no centro de cada un dos seus catro lados. A cruz é cilíndrica e nela atopamos un Cristo crucificado de pequena factura sobre unha cartela de INRI. Dita cartela ten un lado roto.
Este cruceiro atópase rodeado por catro cilindros de pedra que se puxeron recentemente para protexelo, xa que fai pouco sufríu un golpe por parte dun vehículo e rompeu. Varias partes do cruceiro son de nova factura.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA005.pdf (Páxina 1)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA001.pdf (Páxina 5)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420901.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
LEIRÓS BARGIELA, Mónica e PORTO SEBASTIÁN, Purificación. (2015). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS RESTAURADOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS. Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros. Ed: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1682355459
Lonxitude: -8.48366081715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84