Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Santiago de Cereixo
Lugar: Cereixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Ao pé das torres de Cereixo, está a pequena igrexa de Santiago, do século XII. Este templo de estilo románico, foi parada de pelegríns que chegaban por mar ata a Ponte do Porto, e se dirixían a pé a Muxía e Santiago de Compostela. Ten dous fermosos pórticos e, nun deses pórticos represéntase a traslación do corpo do Apóstolo Santiago nunha barca.
Manuel Rial fai tamén a descrición seguinte:”A pequena igrexa de Santiago de Cereixo garda case na súa totalidade a súa estrutura románica. Foi construída nunha primeira fase por canteiros procedentes de Compostela, a finais do século XII. Nunha segunda fase fixéronse as dúas portas, no século XIII. E aquí é onde radica o interese especial desta igrexiña, pois na porta sur atopamos o tímpano coa primeira representación no mundo da translatio de Santiago. É dicir, da lenda que conta como supostamente o corpo de Santiago chegou a Galicia nunha barca de pedra, acompañado polos seus discípulos.
E é que esta igrexa ten un marcado tono xacobeo. Hai quen di que aquí comezaba tamén un camiño cara Compostela da xente que desembarcaba no porto de Cereixo.
A decoración interior é plenamente románica, como se pode ver nos seus capiteis. Ademais no exterior conta cuns interesantes canzorriños con relevos de animais e algún que outro pecado”.
Nos anos oitenta do século pasado a igrexa sufríu unha importante restauración. Retirouse o altar barroco, o falso teito onde se descubriron restos das trabes orixinais e que agora se poden observar, abríronse ventás que estaba cegadas e chegouse ao chan orixinal, cubertos de lápidas e antigos enterramentos. Nun deles, situado no altar maior, atopouse o corpo un home de grande altura que conservaba un fino cabelo louro e calzado de coiro, moi ben conservado, polo que se especula sobre a súa posible orixe normanda.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-LAREDO, X.L. e VAZQUEZ EFREN J.M.: «Muxía, Vimianzo», Deputación Provincial da Coruña, 1991.
-Troiano Carril, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 43.1321607564
Lonxitude: -9.1264039278
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84