Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Meaño / Sanxenxo
Parroquia: Nantes (Santa Baia)
Lugar: Seixomil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun xacemento de grandes proporcións. Presenta unha planta aparentemente circular, cunha croa elíptica, e unhas dimensións totales de 263 m. e 161 m. nos eixos N-S e E-O respectivamente. A Croa ten unhas dimensións de 107 m. de diámetro no eixo N-S e 62 m. no eixo E-O. Por debaixo da croa sitúase unha gran terraza circular de 192 m., e 104 m. nos eixos N-S e E-O respectivamente, rodeada por un terraplén ou parapeto, ben visible no lado leste. Na cara norte a terraza acada unha anchura máxima de 40 m. e unha altura de 6 m. A terraza anterior, está rodeada a súa vez por outra, pouco definida no lado sur e sur-leste, pola rampla de acceso ao castro e polos muros de peche das fincas de cultivo. Esta terraza presenta unha anchura media duns 24 m. e unha altura que varía dos 6-7 m. nos sectores norte e oeste, e aos 4 m. no sur e leste.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36051006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● P.X.O.M. 27/02/2003 Concello de Sanxenxo. Fichas de Catálogo Patrimonio Arqueolóxico. p. 24
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA004.pdf
● P.X.O.M. 28/12/199 Concello de Meaño. Fichas elementos Arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEANO/documents/0819CA004.pdf (pax 5 de 10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4276950533
Lonxitude: -8.79524230957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84