Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Lanzada, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Situado nunha illa a pouca distancia de terra no extremo sur da praia de A Lanzada. Na parte de terra firme realizáronse escavacións dun castro.

A torre pertence a segunda metade do século X, e foi mandada construír por Sisnando II , bispo de Iria Flavia (951-968), posiblemente aproveitando algunha estrutura anterior, como parte dunha rede de defensa contra os ataques dos viquingos e máis tardes dos piratas mouriscos.

No ano 1467 atopan refuxio nela os últimos cabecillas da revolta irmandiña, Alonso de Lanzós e Pedro Osorio. Tras un periodo de asedio por parte de Pedro Madruga a fortaleza é rendida e os irmadiños son aforcados alí mesmo.

A fortaleza foi abandonada de xeito permanente dende finaís do século XVI, quedando hoxendía en pé só a torre e a ermida do castelo.

Recentemente a torre foi obxecto de labores de restauración e prevención no que se consolidaron a súa estrutura e a rocha sobre a que se sustenta a torre para impedir o seu derrubo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral fala de que a torre encargábase da vixiar e alerta da chegada dos viquingos. O sistema de alarma e aviso aos outros castelos consistía en facer fogueiras na torre que eran vistas dende a torre de San Sadurniño que alertaban á súa vez ás de Catoira, e así até Santiago de Compostela. Escoitei historias que dicían que no Castro do Con das Sete Pías e mesmo no Castelo de Monte Lobeira tamén se alumeaban fachos para avisar as torres de Catoira. Torre de Calogo tamén participaría desta rede de alarma pero mediante o toque de campás e non alumeando fachos.
É un rumor do que non hai referencias da época nin evidencias arqueolóxicas que confirmen a súa veracidade.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Boga Moscoso, Ramón. ” Guía dos castelos medievais de Galicia. Información práctica e itinerarios: Historia e lendas”. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5. P. 247-248.
● Sanchez Pardo, José Carlos. “Los ataques vikingos y si influencia en la Galicia de los siglos IX-XI”. Anuario Brigantino. Betanzos 2010. Nº 33 p. 67.
● Decreto de 22 de abril de 1949, expedido por el Ministerio de Educación Nacional sobre protección de los castillos españoles. B.O.E. 5-5-1949.

Ligazóns web:
Relación de bens de Interese Cultural de Galicia:
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf
Catálogo de Bens Culturais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
http://www.mcu.es/bienes/buscarDetalleBienesInmuebles.do?brscgi_DOCN=000014912&brscgi_BCSID=313dbd2c&language=es&prev_layout=bienesInmueblesResultado&layout=bienesInmueblesDetalle


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4295695164509
Lonxitude: -8.877017498016357
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84