Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Zas
Parroquia: Santa Sía de Roma
Lugar: Santa Sía de Roma-Zas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Para chegar a este dolmen hai dúas formas, penso que a mellor é dende Baíñas dirección Santiago, collemos o cruce a esquerda e seguimos ata chegar a aldea de Comareiro, e dende alí, por unha pista de terra a uns dous quilómetros e medio, atopámonos co dolmen coñecido como a Arca da Piosa, en terras de Santa Sía de Roma, Zas. Atópase nunha finca forestal composta por eucaliptos, estando inserida nunha mámoa de grandes dimensións. A cámara da anta alcanza uns tres metros de lonxitude, constituída por catro grandes esteos cunha gran lousa cobertora. O corredor alcanza o metro formado por dous esteos cubertos por unha lousa esnaquizada en tres anacos que, á súa vez, están cubertas por outra gran lousa cobertora.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15093023
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BOGA MOSCOSO, R.: «Dólmenes de Galicia». Bahía Edicións, Xullo 1997.
LEMA SUAREZ X.M: «Arquitectura megalítica na Costa da Morte (antas e mámoas)», Asociación Neria, Cee,1999.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.045589493
Lonxitude: -8.98059368134
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84