Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente
Lugar: Casas Novas 127
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de base cúbica , achafranado na súa parte superior. Na cara frontal amosa a seguinte inscrición:

SE HIZO POR
MANUEL MOREI
RA A DEVOCION
DE SU DIFUNTO
PADRE ANO DE
1863

O fuste é cilíndrico con representación simbólica do pecado orixinal. Capitel derivado do composto con catro anxos, un en cada cara.
Cruz nodosa, no anverso Cristo exento con San Francisco axeonllado a súa beira. No reverso, a coroación da Virxen con Neno Xesús no seu colo coroado por dous anxos, un a cada lado cos seus corpos en paralelo aos brazos da cruz. Serven de base a Virxen, as cabezas de tres anxos alados.

A carón da cruz, nun pedestal na fachada da casa, hai un figura dun ‘guardia civil’, co uniforme do século XIX, fusil e baioneta calada, polo que é coñecido o cruceiro.

As figuras do conxunto están polícromadas, sendo a pintura de época actual. A última capara parece que se aplicou nos anos sesenta.

Coñecese ao autor do cruceiro como Barros, de quen se sabe que tamén fixo outro cruceiro do mesmo estilo no lugar de Cachafeiro en Forcarei.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Sábese que antes había un peto para recoller esmolas da xente que ia andando a Pontevedra. Coa esmola alumeábase o cruceiro cun farol. Hoxe en día non se fai por mor do alumeado eléctrico e por que a xente vai en coche a cidade.

Os enterro soian pasar por diante do cruceiro pero soamente se alguén pagaba os responsos.

Era habitual que os sábados pola tarde, na hora de oración, se trouxeran aos nenos que tardaban en aprender a andar, dando voltas ao seu redor mentres soaban as campás da parroquía, pronunciando as palabras de ritual:

“Campaniñas a tocar, rapaciños a andar”.

Nos anos sesenta houbo un problema por mor do ‘guardia civil’ de escolta. Un tenente do corpo increpou aos da casa para que o quitaran ou ben o taparan, pois o seu uniforme non se axustaba ao que nese momento levaba a ‘guardia civil’, esa representación deshonraba ao corpo. Os donos ante as ameazas, decidiron tapalo cunha caixa de madeira. E así permaneceu deica unha noite un grupo de mozos lla quitaron. Dende entón non se volveu a plantear ese problema e precisamente esta figura é a que fai deste cruceiro un dos máis coñecidos.

 


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lam. III.

Valle Pérez, José Carlos. “Los Cruceros en la parroquía de Mourente” Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela. Ediciones del Castro. 1976. P. 204.

Ligazóns Web:
http://www.pontevedra.eu/proba_2011_def//abc-pontevedra/historias-de-pontevedra-1/olladas/cruceiro-con-escolta-en-mourente


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4429837123
Lonxitude: -8.61143052578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84