Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Forcarei
Parroquia: San Miguel de Presqueira
Lugar: San Miguel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:
Ten como defensa natural ao río castro pola beira leste e un parapeto polo oeste. Dentro do recinto atopamos a ermida dos castros.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.52734148325162Lonxitude: -8.336520195007324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
magago says:
Xuñ 10, 2013
Que casualidade! Xusto ía meter eu a ficha. Comentar tamén que o castro foi tamén o castelo xurisdiccional de Terra de Montes, fundado polo bispo Xelmírez. Nesta web cóntase a historia do castelo:
http://www.webterrademontes.com/TurisTorre.htm
Oscar Franco says:
Abr 19, 2024
Catalogado co código GA 36018015.
Engado tamén a seguinte referencia bibliográfica:
REBOREDO TAJES, Manuel. “A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Vedugo-Oitaven”. Tese de doutoramento. Universidade de Compostela.
Nesta mesma referencia se recolle a tradición oral relacionada con este castro:
– “Cóntase que cando expulsaron ós mouros, quedou moito ouro soterrado, e despois, moitos anos máis tarde, cóntase que un home que tiña un campo detrás da capela do castro, despois de vir unha enchente, atopou uns caldeiros cheos de algo que el creu que era borralla e empezou a espallala polo campo. Como era tan finiña e con algo de barro, pensou que era mellor levar algunha para taparlle os buratos ó forno. Cando lle prendeu o lume ó forno empezaron a verse luciñas dentro, e as fillas dixéronlle:
– Padre, vostede que lle botou ó forno.
– Boteille un pouco barro que trouxen do castro, que era fino coma a borralla.
– Máis tarde descubrirían que era ouro moído”.
– “Dicíase que indo polo camiño do Castro aparecíase unha mociña moi bonita que tiña unha tenda, e pasou por alí un mozo e díxolle:
– ¡ Que tendiña máis bonita tes!
E dixo a moza:
– E logo, ¿que é o que a ti máis che gusta da tendiña?
– A min esas tesoiras.
– Pois as tesoiras son para cravarchas nos ollos e no corazón. Se dixeras a tenda e máis a tendeira serías rico porque é todo ouro”.
– “Din que á esquerda da capela do castro había un castelo, que lle chamaban dos Churruchaos. Dentro do castelo había como un túnel por onde os mouros levaban a beber os cabalos.
Dicían que dende a torre que tiña o castelo víase Santiago de Compostela. Alguén sacou o tesouro do castelo, non se sabe quen, que era como borralla, que despois foi sementado nun campo. Nas veigas aparecían as pedras do castelo.
Dicían que á patrona da capela do castro, Nosa Señora dos Remedios, os mouros queríana por en Outeiro. Os mouros sacaban as pedras dunha veiga que chegaba ó río dos Churruchaos e a Virxe levaba esas pedras para o castro, para que lle fixeran alí a capela. Din que na fonte, no río dos Churruchaos, que se se metían os pés non se mollaban polos poderes que tiñan eles.
Á galiña dos pitos de ouro tíñanlle que botar un gorro ou pucho, se o pucho llo botaban ós pitos, ou se alguén pasaba por diante da galiña e dos pitos, desaparecían”.
– “Din que debaixo da terra, na capela do castro, hai un castelo con tesouros dentro, e din que hai unha cova que chega ata onde está o río que utilizaban os mouros para levar os cabalos a beber”.