
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Negueira de Muñiz
Parroquia: Ouviaño
Lugar: O Carballín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Practiamente circular, ten unhas medidas aproximadas de 10×11 metros e unha altura de 0,40 metros. No centro sobresae parte do que semella un esteo da cámara funeraria. Os traballos agrícolas que antano se realizaban no lugar, na actualidade cuberto pola matogueira, afectaron á masa tumular.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mámoas e antas de Galicia en: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html
Enrique López Fernández: No Boletín do Museo Provincial de Lugo (1992): “Megalitos y mámoas en el ayuntamiento de Fonsagrada”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1163913234Lonxitude: -6.93082809448
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Moncho de Lucas says:
Xuñ 15, 2013
O topónimo correcto é El Carballín. En Negueira falan o galego eo-naviego, onde non se emprega o artigo “o”. Ademais, oficialmente está recollido así no Nomenclátor de Galicia, como tamén o está El Foxo. Prego arranxárdelo. Grazas!
Xabier Moure says:
Xuñ 15, 2013
Si, xa sei que o municipio de Negueira de Muñiz forma parte o ámbito lingüístico eo-naviego co uso, entre outros, do artigo “el” por “o”. Mais no presente caso, a corrección, ao meu entender, sería atinada se falaramos do castro de El Carballín, non así para a ubicación da mámoa que se atopa en O Carballín (O casarío do Carballín atopase nas inmediacións) tal como figura no sinal que hai na estrada e que non está recollido no nomenclator, como tampouco o está o núcleo de poboación de Brañela, hoxe en día abandonado.
Miguel says:
Dec 19, 2014
O límte tradicional entre o uso do artigo El e O é El Carballín. No Acevo úsase o e no Carballín el. En calquera caso xa non vive ninguén agora no Carballín!
Miguel says:
Dec 19, 2014
A referencia bibliográfica está incompleta tamén . Grazas!