
Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas
Lugar: Cabo Vilán
Outra denominación do ben: Faro do Cabo Vilán
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Máis que a fermosa torre do faro, o que impresiona do lugar é a súa localización, no alto duns penedos de granito rosado, nas augas máis bravas da Costa da Morte.
Os enxeñeiros autores do proxecto foron Francisco Lizárraga e Adolfo Pequeño. Construíuse no 1886 e “deu a luz” por primeira vez o 15 de xaneiro de 1896. Unha luz especial: eléctrica, pois trátase do primeiro faro que utilizou enerxía eléctrica de todo o Estado.
A torre do Cabo Vilán ten 24 metros de altura, percorridos interiormente por unhas 140 escaleiras. Pero gracias a estar elevado nun impresionante promontorio, chega a estar elevado 104 m sobre o nivel do mar, sendo a máis alta de toda a Costa da Morte. O alcance da súa luz é dunhas 30 millas en tempo medio.
O seu fuste octogonal remata remata na parte superior nunha cornixa volátil, que rodea a base cilíndrica da lanterna. Ó estar feito de granito tipo Traba, intégrase perfectamente na paisaxe, semellando incluso unha prolongación do montículo.
En días de temporal, a torre móvese e balancéase por culpa do vento. Segundo os expertos, é sinal da súa estabilidade e boa construción.
A falta de espazo onda a torre obrigou a construír as vivendas máis abaixo e foron conectadas por un túnel que se dirixe como unha eiruga á cima do promontorio rochoso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2003) Polos faros da Costa da Morte; Tórculo Artes Gráficas, Santiago de Compostela
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1597697864Lonxitude: -9.21111345291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Out 7, 2013
A historia e outra documentación dos faros na páxina de Portos do Estado :
http://www.puertos.es/ayudas_navegacion/faros/historia.html
isaac says:
Out 11, 2013
É denigrante que a día de hoxe (é a noticia que teño) sigan as letras de CABO VILLANO no edificio do faro. Que terá que ver Vilán con Villano.
Manuel Rial says:
Out 27, 2013
Seguen, seguen!