
Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Castelo (O)
Outra denominación do ben: Petroglifos O Casteliño
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Existen diversas inscricións no monte Castelo onde se situa o castelo de Cedofeita. Pódense atopar en catro rochas na parte superior do outeiro máis alto.
Nunha primeira rocha atopamos un deseño indefinido enmarcado nunha cartela lobulada rematada nunha cruz na parte superior. Un pouco máis arriba e a súa dereita atopamos unha cruz feita con dous trazos sinxelos. Debaixo do conxunto a seguinte inscripción:
E.D. RMF N-E. EM
P.M.
G P 9·1·9·9·6
Noutra rocha a carón deste cara ao sur atopamos outro escudo cunha ponte de tres ollos con duas cruces sobre ella. O escudo está remmatado cunha coroa moi tosca. Nun borde na mesma rocha atopamos a seguinte inscrición: GONZALO
A dous metros cara ao oeste atopamos outra rocha con mais inscricións cinceladas moi profundamente na rocha pero ilexibles por estaren cubertas polo musgo pero asemella que pon ‘1990’ e mais siglas. A caron deste hai un corazón duns 50 cm. de longo, cincelado cunha liña moi fina.
Un pouco máis ao oeste a un metro hai outro penedo con máis inscripcións. Consisten nunha cifra ‘1990’ con trazo moi profundo e catro figuras indefinidas de trazo moi superficial. A caron destas hai outra incricion ben marcada: MVC
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36038009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
No documento de doazón do rei Ordoño II e a raíña Elvira ao abade Guntado do mosteiro de Lérez, no ano 916, do castelo de Cedofeita mencionase unha ‘pedra escrita’. No catalogo de xacementos arqueolóxicos do concello de Pontevedra sinala este lugar dúas veces. E de supoñer que unha é polo castelo e a outra por esta pedra escrita. Sen embargo os veciños non parecen coñecer a existencia dun petróglifo na contorna nin do castelo pero si a dos ‘graffitis’.
Este graffitis ben puideron haber estragado o facerse sobre tal pedra o sobre inscricións doutras épocas. Cumpre señalizar adecuadamente e dar a coñecer a historia deste lugar para que non se sigan a facer este tipo de intervencións neste lugar.
Onde está localizado
Latitude: 42.4623148653Lonxitude: -8.63315105438
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios