
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Cabral (Santa Mariña)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Este cruceiro érguese sobre tres chanzos cadrados, algún dos cales posúen diferentes inscricións que puideran ser unha lápida funeraria.
A base, que forma parte da columna, posúe a seguinte inscrición no seu anverso:
A DEVOCI
ON DE ELO
PENCIO
CASTRO
EN 1908
Tamén nun lateral da columna atópase unha placa que nos di que este cruceiro foi restaurado en 1972, polo seu neto (José Castro Fernández).
La columna é de sección circular con arestas e remata nun pequeno colariño.
O capitel, de pequena factura, está decorado con follas de acanto e volutas nas esquinas.
A cruz é de sección circular, querendo imitar a madeira. So está decorado no seu anverso cun Cristo estilizado acompañado cun pequeno anxo que porta unha copa que recolle a sangue que emana do costado de Cristo.
O cruceiro posúe un altar,colocado con posterioridade.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.05.001_C2 – páxina 40)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca017.pdf (Ficha A_159 – Páxina 10)
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/11/las-cruces-y-el-cruceiro-de-cabral.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605709.html
BIBLOGRAFÍA
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2010). Cruceiros, cruces e petos de ánimas do Val do Fragoso. Actas do IIº Congreso Galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: E F. de la Cigoña.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2235315624Lonxitude: -8.6572279036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




