
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vigo
Parroquia: Sárdoma (San Pedro)
Lugar: O Freixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construción do século XVII dunha gran sobriedade, en cachotaría e cadeirado de granito, de dúas plantas con forma de U. A fachada principal, moi sinxela, organízase como un parámetro de grande desenvolvemento horizontal, compartimentado en dous pisos. A planta baixa, construída en tosca cachotaría, ten un carácter compacto; o andar nobre está construído en perpiaño regular, con cinco xanelas rectangulares con montante, pero sen molduración. Entre dous destes ocos aparece un escudo, dividido en dous cuarteis, nos que se exhiben as armas dos Castro e Arauxo.
Posúe tamén unha importante torre con escudo, de planta cadrada, realizada a comezos do século XVIII. Os ocos rectangulares son sinxelos con ou sen doselete.
No interior da finca atopamos unha Capela baixo a advocación de San Martiño.
O conxunto posúe dous accesos, un polo patio e outro pola horta. Existen tres escudos dos Saavedra, un dos Montenegro na portada principal de acceso e un máis dos Saavedra no acceso da horta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da finca atopamos unha Capela baixo a advocación de San Martiño. Na súa fachada existe un escudo coas armas dos Fitado e dos Castro.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital de inicios do ano 2023 anuncia o visto e prace das obras de rehabilitación deste conxunto para destinalo a usos sociais e culturais da parroquia.
A súa reapertura está prevista para setembro de 2024 (ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AQ.25.001 – páxina 6)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca019.pdf (Ficha A_179 – Páxina 10)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6780&ctre=36
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22857
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/06/03/concello-vigo-incorpora-pazo-raposeira-patrimonio/00031370279375721398549.htm
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/04/13/pazo-da-raposeira-reformara-fondos/1660131.html
BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo
REHABILITACIÓN DO PAZO (ano 2023)
https://galego.farodevigo.es/gran-vigo/2023/01/08/concello-gobierno-dan-ok-definitivo-80826088.html
INAUGURACIÓN DO PAZO (decembro 2024)
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2024/12/20/concello-inaugura-pazo-da-raposeira-112784918.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2024/12/19/pazo-da-raposeira-abrira-puertas-visitas-guiadas-enero/00031734638332555272895.htm
El nuevo (y desconocido) Pazo de Vigo que también tendrá conciertos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2143668242Lonxitude: -8.70162248611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 9, 2016
Escudo dos Saavedra no acceso da horta.
Oscar Franco says:
Mai 9, 2016
Escudo coas armas dos Castro e Arauxo situado no primeiro andar.